A Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico, xestionada pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, é unha biblioteca dixital na que se ofrece aos cidadáns unha valiosa e crecente colección de reproducións facsímiles dixitais de manuscritos, libros impresos, fotografías históricas, materiais cartográficos, partituras e demais materiais que se conservan en institucións da memoria (arquivos, bibliotecas e museos) e forman parte do patrimonio bibliográfico español.
Esta iniciativa permite aos cidadáns consultar sen restricións eses fondos, na súa maioría públicos, que, polas súas características, se conservan en depósitos especiais e son dificilmente accesibles.
O proxecto é o froito da cooperación do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e as comunidades coas comunidades autónomas e outras administracións e institucións públicas ou privadas. Os fondos dixitalizados proveñen de bibliotecas, arquivos e museos, de comunidades autónomas, ministerios, concellos, ateneos, fundacións, universidades, institucións privadas, reais academias, particulares, etc. Grazas ao traballo e colaboración de todas estas persoas e institucións, que realizan tarefas de selección de fondos e os ceden para a súa dixitalización, foi posible sacar adiante este proxecto.
A Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico ofrece actualmente, en acceso aberto e gratuíto, uns 32.000 libros impresos antigos, 3.070 manuscritos, 5.201 materiais cartográficos (atlas e mapas), 85.500 materiais gráficos e fotográficos, 600 partituras, etc.
Novas + Ver Máis
Nuevos títulos en el primer semestre de 2025
Durante el primer semestre de 2025 se han incorporado a la Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico obras procedentes de distintas instituciones (de Bibliotecas Públicas del Estado, y de varias bibliotecas de Museos Estatales).
¡Accede a la noticia y descúbrelas!
Recursos Educativos Abiertos (REA)
¡Atención comunidad educativa! Se han creado, con fondos de la Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico, unos Recursos Educativos Abiertos (REA) y se han publicado en HispanaPRO.
Descúbrelos accediendo desde el micrositios de "Recursos Pedagógicos" y compártelo con quien creas que pueden serles de utilidad.
¡Descúbrelos y compártelos!