A colección de recursos pedagóxicos da Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico reúne tratados que xustifican teorías pedagóxicas e prácticas docentes, así como materiais como láminas, diapositivas, cartillas, manuais, etc., que serviron, e en moitos casos seguen a servir, para a aprendizaxe e a educación. Todo iso constitúe a memoria educativa de moitas xeracións, así como unha valiosa fonte para a historia da educación en España e un conxunto de recursos educativos á disposición de alumnos e mestres.

    Francia  

Boa parte destes fondos proveñen das dixitalizacións que levou a cabo a Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria en bibliotecas de Institutos Escolares Históricos.

Estes institutos de bacharelato foron creados oficialmente en 1845, un por provincia, a excepción de Madrid, onde se poñen en funcionamento dous: o Instituto de San Isidro e o Instituto do Cardenal Cisneros. En 1857, a Lei de instrución pública establece a creación dunha biblioteca en cada instituto de ensino secundario.

Entre os materiais destacables, cómpre salientar as coleccións de placas de lanterna do IES Cardenal Cisneros e as de placas de vidro provenientes de diversos institutos (San Isidro, Cardenal Cisneros, el Greco, Isabel la Católica...). Non se incluíron nesta colección, porque se non quedaría demasiado grande, todos os materiais cartográficos da Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico. Estes materiais poden encontrarse na sección de Cartoteca, accesible dende a páxina de busca.

  

Enlaces destacados

Biblioteca Virtual de Prensa Histórica       Hispana. Directorio y recolector de recursos digitales       Hispana PRO       Europeana       LEM