No ano 2008, con motivo do Bicentenario da Independencia, creouse esta sección que recolle os ricos e variados fondos sobre a devandita contenda que posúe a Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico, provenientes de moi diversas bibliotecas. A colección comprende libros, discursos, gravados, materiais cartográficos, etc.

A colección de mapas da Guerra da Independencia merece mención especial: provén do Centro Xeográfico do Exército, o Arquivo Central Militar de Madrid e o Museo Naval de Madrid. A devandita colección inclúe 1.622 documentos cartográficos relacionados con episodios da Guerra da Independencia, na súa maior parte mapas, planos ou cartas náuticas.

Batalla de Llinas

A produción cartográfica relacionada coa Guerra da Independencia foi moi abundante, entre outras razóns pola escasa fiabilidade dos mapas da época e anteriores, o que deu lugar ao continuo levantamento de cartografía por parte do Exército. Estes materiais cartográficos permiten un achegamento ás estratexias militares empregadas e o coñecemento de numerosos aspectos da xeografía española a principios do século XIX.

Enlaces destacados

Biblioteca Virtual de Prensa Histórica       Hispana. Directorio y recolector de recursos digitales       Hispana PRO       Contribuidor de Europeana       LEM