
En 1845 créase oficialmente un instituto de bacharelato en cada provincia, a excepción de Madrid, onde se poñen en funcionamento dous, o Instituto de San Isidro e o Instituto do Cardenal Cisneros. En 1857, a Lei de Instrución Pública establece a creación dunha biblioteca en cada instituto de ensino secundario.
Os libros que se presentan na Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico son materiais que xustifican teorías pedagóxicas e prácticas docentes e que se conservaron nestas institucións nos últimos cento cincuenta anos. Constitúen a memoria educativa de moitas xeracións e unha valiosa fonte para a historia da educación.