Este micrositio reúne obras publicadas en Iberoamérica ou de temática iberoamericana. Unha parte significativa destas obras procede da Biblioteca Hispánica da Axencia Española de Cooperación Internacional polo Desenvolvemento (AECID), que posúe unha colección moi rica, valiosa e variada, con obras en moitos casos únicas no mundo.

Antigüedades peruanas


Son destacables tamén os fondos provenientes da Biblioteca do Museo de América, que anteriormente se conservaron na antiga Biblioteca de Ultramar. Ademais, hai libros provenientes doutras dezaseis bibliotecas.

Entre as obras aquí reunidas, temos libros de viaxes ou expedicións, discursos, ensaios, álbums fotográficos, manuscritos, estudos, obras lexislativas ou de carácter administrativo, dicionarios ou obras de gramática das linguas prehispánicas, homenaxes, tratados de historia, antropoloxía, botánica, zooloxía, etc.

En canto á temática, tratan dos costumes e tradicións dos pobos nativos, a súa lingua e manifestacións artísticas, a lexislación, relixión e administración colonial, a conquista e exploracións, a escravitude, as guerras e revolucións pola independencia das repúblicas iberoamericanas, a flora e fauna suramericana, etc.

A colección inclúe auténticas xoias, por exemplo, autógrafos de Cristóbal Colón ou un libro de pintura dos indios americanos.


Pintruas siux

 

Enlaces destacados

Biblioteca Virtual de Prensa Histórica       Hispana. Directorio y recolector de recursos digitales       Hispana PRO       Europeana       LEM