Fototeca do
Patrimonio Histórico

Página de inicio de la Biblioteca Virtual de Patrimonio Bibliográfico

Presentación

O Instituto do Patrimonio Cultura de España xestiona a Fototeca do Patrimonio Histórico Español, unha das máis completas coleccións de fotografía histórica do noso país, composta por aproximadamente 400.000 documentos pertencentes ós arquivos gráficos que reúnen as obras dos fotógrafos que traballaron no patrimonio cultural dende a segunda metade do século XIX.

Entre as coleccións máis significativas da Fototeca, tanto pola súa antigüidade como pola súa calidade e valor patrimonial das súas imaxes, atópanse os arquivos Moreno y Loty, cun total de case que 70.000 fotografías que mostran principalmente obras de arte, moitas delas desaparecidas, e vistas de cidades, monumentos e paisaxes. Unha parte significativa destas imaxes foron dixitalizadas froito dun proxecto de colaboración coa Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico e están dispoñibles nesta páxina.

O resto, xunto cos fondos doutros arquivos fotográficos como o Arquivo Ruiz Vernacci, coas fotografías orixinais de J. Laurent, o Arquivo de Información, o do Conde de Polentinos, ou o de Vaamonde, poden consultarse a través da páxina web do Instituto de Patrimonio Cultural de España.


Icono de conformidad con el Nivel Doble-A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI. Este enlace abre una ventana nueva

© Ministerio de Educación, Cultura y Deporte

www.digibis.com